FACHADA MARÍTIMA

Por que só os asinantes teñen o Convenio a respecto dos terreos portuarios?

Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria á esquerda
Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria á esquerda

Demandamos que se faga público o acordo sobre os terreos portuarios asinado onte

De momento, o que sabemos do protocolo apunta a que o acordo só se referiu á titularidade dos terreos e á renuncia da Autoridade Portuaria a sacar a poxa o soar da Solana e os peiraos de Batería e Calvo Sotelo

O acordo ao que se chegou onte non altera o modelo de financiamento do Porto Exterior en base á venda dos peiraos interiores xa que os terreos de San Diego e o soar do Hotel Finisterre igualmente sairían a poxa e a Xunta de Galiza mercaría os peiraos de Batería e Calvo Sotelo

Desde o coñecemento do acordo a partir das informacións xornalísticas, o modelo urbanístico dos convenios de 2004 permanece intacto xa que co protocolo asinado onte non se modifican os usos hoteleiro e comercial para Batería e Calvo Sotelo nin os usos residenciais para San Diego

Por que só os asinantes teñen o Convenio a respecto dos terreos portuarios?

Diante da escasa información a respecto do protocolo asinado onte entre Fomento, Portos do Estado, a Xunta de Galiza e a Autoridade Portuaria  temos que salientar a opacidade a respecto do documento de acordo sobre os terreos portuarios e demandamos que se faga público.

É gravísimo xa que unicamente coñecemos o reparto do pastel e seguimos sen coñecer para que queren empregar Fomento e a Xunta de Galiza eses terreos.

De momento, o que sabemos do protocolo apunta a que o acordo só se referiu á titularidade dos terreos e á renuncia da Autoridade Portuaria a sacar a poxa o soar da Solana e os peiraos de Batería e Calvo Sotelo. Así pois, o acordo ao que se chegou onte non altera o modelo de financiamento do Porto Exterior en base á venda dos peiraos interiores xa que os terreos de San Diego e o soar do Hotel Finisterre igualmente sairían a poxa e a Xunta de Galiza mercaría os peiraos de Batería e Calvo Sotelo.

Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria

Entendemos, ademais, que o modelo urbanístico dos convenios de 2004 segue absolutamente vixente co acordado onte xa que o protocolo non modifica os usos hoteleiro e comercial para Batería e Calvo Sotelo (segundo o que coñecemos por informacións xornalísticas) polo que o planeamento e os usos destes espazos seguirán sendo o que establecen os convenios de 2004 e o PXOM cunha edificabilidade asignada como terciaria de cando menos 34.458 metros cadrados dentro dos cales 8.615 corresponden a uso hoteleiro, 7.753 a oficinas e 18.090 a centro comercial/ocio.

É dicir, nos terreos de Batería e Calvo Sotelo van construírse igualmente hoteis, oficinas e un centro comercial e de ocio só que no canto de ser de propiedade privada van ser do Ministerio e da Xunta de Galiza concesionados a empresas privadas: o mesmo modelo que o da Solana, o Palexco, os Cantones Village, o Hotel Atlántico ou o Finisterre etc. Moito beneficio para algunhas empresas privadas que pouco reportan ao conxunto da cidade. Este é o modelo do Partido Popular para unha parte dos peiraos interiores da Coruña: o mesmo de sempre.

Por último, advertimos que para San Diego non muda nada de nada tampouco, xa que vai saír a poxa e polo tanto acabará en mans privadas para usos residenciais e terciarios repartidos en 344.581 metros cadrados destinados a vivendas, 7.753 metros cadrados de oficinas, un centro comercial/coio de 33.597 m2 e locais comerciais 10.337 m2.

Con todo, o que nos tememos para a fachada marítima da nosa cidade é unha nova desfeita urbanística que só reportará beneficios a uns poucos e a conta duns terreos que son de todas as coruñesas e de todos os coruñeses.

A Coruña, 19 de abril de 2018.

 

Artigos relacionados:

Por que só os asinantes teñen o Convenio a respecto dos terreos portuarios?