ORDENANZAS FISCAIS

Para que sirve preguntar nos plenos se se nos agochan as respostas?

Momento dun de bate nun Pleno
Momento dun debate nun Pleno

Non podemos mais que cualificar de esquizofrénica a actuación do Goberno municipal a respecto da aprobación das ordenanzas fiscais prevista para hoxe en Xunta de Goberno Local

Preguntamos precisamente no Pleno ordinario deste pasado luns para cando se nos achegarían as propostas sobre as que estaban traballando o Executivo local, polo que a convocatoria, de xeito urxente para hoxe da Xunta de Goberno, realizada do martes ás 13.32 h para hoxe as 13.00 h, fai que teñamos poucas ou case ningunha posibilidade de poder preparar de xeito mínimo a reunión

A actitude de Eugenia Vieito e do Goberno da Marea é máis propia de nenos de patio de colexio que dun Executivo municipal: agochan información nunha resposta a unha pregunta oral e convocan de xeito urxente e a última hora unha reunión na que se tratarán até 10 proxectos de modificación de ordenanzas fiscais, sen tempo para que podamos facer un estudo rigoroso. Desde logo a súa forma de actuar é idéntica á que amosaba o Partido Popular no seu mandato

Para que sirve preguntar nos plenos se se nos agochan as respostas?

Non cabe amosar máis que a nosa sorpresa pola convocatoria, remitida a primeira hora da tarde deste martes, dunha Xunta de Goberno extraordinaria onde o Goberno municipal ten previsto aprobar a modificación de até 10 ordenanzas fiscais, así como de outros asuntos relacionados coa fiscalidade no Concello da Coruña.

Neste sentido consideramos esquizofrénica a actuación do Goberno municipal a respecto da aprobación destas ordenanzas fiscais xa que logo precisamente trasladamos para o seu debate e formulamos no Pleno ordinario deste luns unha pregunta na que solicitabamos aclaracións á Marea de para cando se nos achegarían as propostas sobre as que estaban traballando o Executivo local en materia fiscal, agochándosenos na resposta ofrecida por Eugenia Vieito as datas nas que se procedería a facilitar esa información.

Por tanto denunciamos que son poucas ou case ningunha as posibilidades de poder preparar de xeito mínimo e axeitado a reunión convocada hoxe as 13.00 h (con menos de 24 horas desde a súa convocatoria), con asuntos tan importantes.

A actitude de Eugenia Vieito e do Goberno da Marea é máis propia de nenos de patio de colexio que dun Executivo municipal: agochan información nunha resposta a unha pregunta oral e convocan de xeito urxente e a última hora unha reunión na que se tratarán até 10 proxectos de modificación de ordenanzas fiscais, sen tempo para que podamos facer un estudo rigoroso. Desde logo a súa forma de actuar é idéntica á que amosaba o Partido Popular no seu mandato.

A Coruña, 10 de outubro de 2017.

 

Artigos relacionados:

Para que sirve preguntar nos plenos se se nos agochan as respostas?