"Señora Rey, que pasa cos buses na Coruña?", a pregunta que Avia Veira lle fará á alcaldesa o 6N

Avia bus urbano
Avia Veira, responsábel de mobilidade do grupo municipal
O empeoramento do servizo do transporte público urbano na cidade é o argumento sobre o que xira a pregunta oral que a nosa concelleira Avia Veira lle formulará á alcaldesa no pleno ordinario do Concello programado para o vindeiro xoves 6 de novembro.
"Señora Rey, que pasa cos buses na Coruña?", a pregunta que Avia Veira lle fará á alcaldesa o 6N

“Señora Rey, que pasa cos buses na Coruña?”, cuestionará Veira. “É unha evidencia que o servizo cada día vai a peor. Os buses van cada vez máis cheos. As frecuencias de paso son cada vez maiores. Ves pasar buses ateigados e fóra de servizo, o que é moi frustrante se tes que coller un tren, ir a unha cita médica, ao traballo ou ir recoller as túas crianzas á escola”, refire a concelleira nacionalista.

E ao BNG non lle vale a escusa de que o contrato está caducado. Primeiro, porque se o está, o único responsábel é o Goberno Local, que tivo tempo máis que de abondo para licitar unha nova concesión. E segundo, porque o executivo en minoría de Inés Rey si posúe ferramentas para mellorar o servizo, como se demostra os días de partido cando operan buses lanzadeiras.

“O Goberno de Inés Rey pode e debe poñerlle remedio á degradación do servizo e sacar canto antes a nova licitación. A Coruña necesita modernizar o seu transporte público urbano, reordenar liñas, habilitar mellores conexións cos centros hospitalarios, e ampliar horarios, de modo a que os buses comecen a circular antes e conclúan máis tarde a súa xornada, cubrindo os distintos horarios laborais”, afirma a concelleira nacionalista.

 

 

 

 

"Señora Rey, que pasa cos buses na Coruña?", a pregunta que Avia Veira lle fará á alcaldesa o 6N