Este sábado, tributo a Moncho Valcarce, o crego das Encrobas, no seu 30 cabodano
Dicir Moncho Valcarce, o coñecido como o crego das Encrobas, é tanto como dicir compromiso con Galiza como nación e coas clases traballadoras galegas. O seu nome está indisolubelmente ligado a episodios como as loitas populares das Encrobas ou a de Baldaio, en defensa dos dereitos dos labregos e do medio ambiente, da natureza. Como cura, era un home de profundas crenzas relixiosas, mais dunha Igrexa firmemente arraigada no país, na súa cultura e na súa lingua.
A convocatoria do acto corre a cargo do grupo de barrio do BNG de Monte Alto.