Ryanair regala billetes desde Alvedro desde María Pita: Para cando o sistema aeroportuario galego?
A Coruña, 6 de marzo de 2013.- Logo da promoción de voos da compañía aeroportuaria Rynair desde o aeroporto de Santiago de Compostela na Praza de María Pita, as nacionalistas pregúntanse que máis ten que pasar para que o Goberno municipal lle reclame á Xunta de Galiza a creación dun sistema aeroportuario galego que actúe en clave de colaboración, equidade e cooperación, fuxindo da competitividade.
Que pouca credibilidade e respecto debe de ter o Goberno municipal por parte das aeroliñas que, ademais de "dar a espantada", caso de Turkish Airlines e de Air Europa, veñen ás portas da súa casa a promover voos desde o aeroporto de Lavacolla. É tan surrealista que só faltaría que o beneficiado dun deses billetes fose o Goberno do Sr. Negreira, cun voo desde Santiago de Compostela a Londres, ironiza o Grupo Municipal do BNG.