O Pleno de febreiro aprobou as tres mocións do BNG

Grupo municipal BNG Pleno Febreiro
O Pleno de febreiro aprobou as tres mocións do BNG. As relativas á planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Nostián e á situación das e dos avogados da quenda de oficio, por unanimidade. A que pedía apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública, co respaldo do PSOE.
O Pleno de febreiro aprobou as tres mocións do BNG

Sobre Nostián e os contratos de limpeza e recollida de lixo, Jorquera demandou do Goberno Local se vixíe "de xeito estrito" o cumprimento por parte das concesionarias das condición establecidas para a súa prestación, "impondo as penalidades pertinentes ante os incumprimentos que se constaten".

Do mesmo xeito, o portavoz nacionalista insta o Goberno Local a que cumpra os seus compromisos, asinados co BNG no Acordo de Investidura e abra unha investigación sobre as eventuais responsabilidades das concesionarias dos servizos de limpeza viaria e recollida do lixo nas actividades do STL, perante os indicios de que, de forma indebida, tivesen delegado nese grupo -investigado xudicialmente por gravísimos delitos- as competencias sobre a contratación e a promoción do persoal.

Canto á moción sobre a situación da sanidade pública -en que Avia Veira criticou a fondo a política privatizadora do PP- as e os concelleiros conservadores levantaron a man cando a alcaldesa inquiriu que grupos optaban pola abstención. Posteriormente, Miguel Lorenzo, portavoz da bancada da dereita, esclareceu que o sentido do seu voto era contrario á iniciativa.

 

 

O Pleno de febreiro aprobou as tres mocións do BNG