JORQUERA PÍDELLE AO GOBERNO LOCAL QUE ACTIVE A ASUNCIÓN DO TOPÓNIMO OFICIAL POR PARTE DA EMPRESA MUNICIPAL

Un rogo para que a lóxica se abra paso e Emalcsa sexa da Coruña!

Emalcsa
Detalle dunha xuntanza de Emalcsa
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai formular un rogo oral, no Pleno de maio, para que a Empresa Municipal de Augas da Coruña mude a súa razón social e asuma na súa denominación a forma A Coruña como a única oficial e legal do topónimo da cidade.
Un rogo para que a lóxica se abra paso e Emalcsa sexa da Coruña!

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai formular un rogo oral, no Pleno de maio, para que a Empresa Municipal de Augas da Coruña mude a súa razón social e asuma na súa denominación a forma A Coruña como a única oficial e legal do topónimo da cidade.

A día de hoxe, esta empresa municipal chámase Empresa Municipal de Aguas de La Coruña Sociedad Anónima, o que claramente constitúe unha anomalía, sendo que o nome da cidade é A Coruña desde a aprobación, en 1983, da Lei de Normalización Lingüística por parte do Parlamento galego.

No pasado mandato anunciouse a vontade de corrixir esta anomalía adoptando a marca Augas da Coruña, remarca Jorquera na exposición de motivos deste rogo oral, “mais a realidade é que aínda non se ten dado ningún paso para a súa concreción”.

Para Jorquera, “as institucións, e o Concello da Coruña en particular, deben ser exemplares no compromiso coa normalización do uso social do noso idioma e no respecto á legalidade”.

Jorquera impulsa esta iniciativa após terse feito público que o Real Club Deportivo vai modificar a súa razón social no mesmo sentido, un movemento que foi saudado positivamente polo conxunto da sociedade coruñesa e polo propio Goberno Local. De feito, o Concello xa dera un paso nesa dirección ao denominar Ronda Real Club Deportivo da Coruña á V-14, isto é, a variante da coñecida como terceira ronda que conecta a AC-14 coa glorieta do Pavo Real.

 

 

 

Un rogo para que a lóxica se abra paso e Emalcsa sexa da Coruña!