A PREGUNTAS POR ESCRITO DE FRANCISCO JORQUERA

Sen respostas claras do Goberno Local ás queixas de usuarias do Complexo Deportivo do Castrillón

Complexo Deportivo do Castrillón.
Complexo Deportivo do Castrillón.
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, fíxose eco de queixas de persoas usuarias do Complexo Deportivo do Castrillón e rexistrou unha pregunta por escrito ao respecto. A resposta do Executivo coruñés non pode ser máis evasiva: limítase a dicir que a xestión do complexo lle pertence á EMVSA.
Sen respostas claras do Goberno Local ás queixas de usuarias do Complexo Deportivo do Castrillón

As queixas teñen a ver co acceso ao complexo, aberto ao público no pasado Nadal. Así, con data de 23 de xaneiro o torno de entrada ás instalacións permanecía aberto, o que permitía o ingreso nas instalacións de persoas non socias. "A presentación de reclamacións escritas dalgunhas persoas usuarias fixo que ese mesmo día á tarde fose activado o torno”, refire Jorquera.

Outra disfunción teríase producido na información eventualmente confusa ou errónea que se tería subministrado ao público en relación ao proceso de matriculación.

Así, durante as xornadas de portas abertas, algunhas persoas entenderon que a matrícula sería gratuíta se formalizaban a inscrición antes de finalizar o mes de decembro, en tanto que a outras persoas si lles foi cobrado un diñeiro ao se rexistraren como socios.

As preguntas de Jorquera eran ben sinxelas: sabía o Goberno Local destas queixas, podía detallar cantas reclamacións escritas foron formuladas, podía garantir que se lle estivesen a cobrar ás persoas usuarias en igualdade de condicións segundo o establecido, valoraría o Executivo coruñés a hipótese de reforzar a información sobre as condicións de matriculación “para disipar posíbeis confusións”.

O teor das respostas do Goberno Local é absolutamente evasivo. Limítase a dicir que a xestión do Complexo Deportivo do Castrillón pertence á Empresa Municipal de Vivendas, Servizos e Actividades (EMVSA), como se este organismo non fose unha empresa pública cuxo consello de administración é presidido pola alcaldesa.

 

 

Sen respostas claras do Goberno Local ás queixas de usuarias do Complexo Deportivo do Castrillón