SEN EXPLICACIÓN SATISFACTORIA A POR QUE NON SE ASINOU O CONVENIO COA FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS DE GALIZA

En respostas ao BNG, ao Goberno Local anuncia nova ordenanza de terrazas para 2024 e que cumprirá os seus compromisos sobre o STL

Captura de pantalla 2023-09-07 124906
Francisco Jorquera
Na quenda de preguntas orais formuladas polo BNG ao Goberno Local, o Executivo coruñés -por boca do seu portavoz, José Manuel Lage- anunciou unha nova Ordenanza de Terrazas para 2014 e ao mesmo tempo o cumprimento dos compromisos establecidos co BNG no Acordo de Investidura en relación ao caso STL (a investigación sobre se as concesionarias dos servizos de recollida e limpeza de lixo se inhibiron das súas responsabilidades).
En respostas ao BNG, ao Goberno Local anuncia nova ordenanza de terrazas para 2024 e que cumprirá os seus compromisos sobre o STL

Sobre as ordenanzas, a concelleira do BNG Avia Veira denunciou os incumprimentos sistemáticos daquelas que regulan as terrazas e as que protexen contra a contaminación acústica.

Veira afirmou que o Goberno Local non só non supervisa as ordenanzas, senón que mesmo contribúe aos incumprimentos ao promover excesos, por exemplo na contaminación acústica, coa organizacións de festivais ou coa ampliación “desproporcionada” dos horarios da hostelaría.

Canto á ordenanza das terrazas, sinalou que se incumpre o seu artigo IV, aquel que prescribe que estas instalacións deben respectar a seguridade viaria, garantir a accesibilidade universal -sen por exemplo entorpecer o tránsito de persoas con discapacidade visual- e permitir en todo caso a circulación dos vehículos de emerxencia.

Lage explicitou que, a consecuencia da pandemia, se adoptaron decisións sobre as terras, pero negou que se traducisen nunha sorte de “barra libre” e cifrou en 63 as propostas de sanción que se teñen tramitado por infraccións da ordenanza de protección contra a contaminación acústica.

Veira afirmou que o Goberno Local non só non supervisa as ordenanzas, senón que mesmo contribúe aos incumprimentos

Canto ás políticas do Concello en relación ás concesións de servizos municipais, e interpelado polo noso portavoz, Francisco Jorquera, sobre a anulación da adxudicación do contrato de limpeza viaria, o voceiro do Executivo coruñés dixo que “hai decisións de tribunais que respectamos” e argumentou que o goberno do PSOE herdou os pregos dos contratos de recollida e limpeza do lixo do período de goberno da Marea Atlántica.

“O compromiso vaise cumprir”, dixo en relación ao que figura no Acordo de Investidura sobre o caso STL, aínda que se abstivo de se referir explicitamente á situación denunciada por Jorquera, a de que o STL continúa “campando polas súas anchas”, ditando a política de persoal e exercendo a represión contra traballadores que, por exemplo, deciden denunciar acoso laboral ou abandonar ese suposto sindicato para se afiliar a outra central.

Captura de pantalla 2023-09-07 112919
Queixas defendeu A Coruña literaria fronte ao desleixo do Goberno Local

Finalmente, a nosa concelleira Mercedes Queixas denunciou o escaso apoio -apenas 15 mil euros- ofrecido polo Goberno Local á Feira do Libro. O Executivo coruñés, alegou, foi incapaz de cumprir a súa palabra e deixou sen asinar o convenio comprometido coa Federación de Libreiros de Galiza.

O concelleiro de Cultura non deu ningunha explicación sobre ese incumprimento, máis alá de deslizar que a Federación non ten a sede na Coruña e concluír cun impreciso anuncio de que “teremos que estudar” a hipótese de establecer no futuro o convenio que este ano ficou sen asinar.

 

En respostas ao BNG, ao Goberno Local anuncia nova ordenanza de terrazas para 2024 e que cumprirá os seus compromisos sobre o STL