RENDA SOCIAL MUNICIPAL
Por unha Renda Social Municipal de acceso universal
Vimos de remitir ao conxunto do tecido asociativo da cidade un modelo de alegación á Ordenanza de Renda Social Municipal co obxecto de que esta sexa de acceso universal.
O fundamento da alegación é que, segundo os requisitos das persoas solicitantes recollidos na devandita ordenanza, as persoas migrantes que viven e están empadroadas na nosa cidade mais que non teñen permiso de residencia fican excluídas desta prestación xa que esixe no seu artigo 13 que as persoas de Estados non membros da Unión Europea deberán acreditar a residencia legal en España no momento de presentación da solicitude.
No noso modelo recollemos a solicitude pola cal o artigo 13 da Ordenanza Reguladora da Renda Social Municipal deixe de facer referencia á necesidade de que as persoas de Estados non membros da Unión Europea deberán acreditar a residencia legal en España no momento de presentación da solicitude, cando estas tiveren residencia real e efectiva na Coruña e estiveren xa empadroadas na nosa cidade e coa antigüidade mínima de seis meses, tal e como se sinala anteriormente nese mesmo artigo
Para nós esta condición é unha exclusión inadmisíbel nunha renda que pretende garantir recursos económicos de subsistencia para a cobertura de necesidades básicas da veciñanza do Concello da Coruña mais que deixa fóra do acceso a esta prestación a moitas persoas por causa da súa orixe. Isto, malia que o artigo 25.1 da Declaración Universal de Dereitos Humanos recolle que toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios.
O modelo de alegación podes descargalo na pestana da páxina de inicio e durante os vindeiros días recolleran sinaturas polos barrios da cidade para presentar o máximo posíbel de alegacións co obxecto de que o Goberno municipal modifique finalmente o artigo en cuestión da nova Ordenanza
Asemade, noutras ordenanzas de semellantes características e reguladoras de prestacións, aprobadas recentemente noutros concellos de Galiza e de acordo co disposto na lexislación galega e española, si que recollen como persoas beneficiarias aquelas que tiveren residencia habitual, real e efectiva meses municipios, así o fai, por exemplo, a Renda Municipal de Garantía Básica Cidadá aprobada no Concello de Santiago de Compostela.
Deste xeito, e como poderás ver na páxina de inicio da web (ou premendo aquí), temos colgado un modelo de alegación para descargar e asinar, e animamos a todo o tecido asociativo, así como á veciñanza da Coruña a presentar o máximo posíbel de alegacións para que o artigo 13 da Ordenanza Reguladora da Renda Social Municipal deixe de facer referencia á necesidade de que as persoas de Estados non membros da Unión Europea deberán acreditar a residencia legal en España no momento de presentación da solicitude, cando estas tiveren residencia real e efectiva na Coruña e estiveren xa empadroadas na nosa cidade e coa antigüidade mínima de seis meses, tal e como se sinala anteriormente nese mesmo artigo.
Consideramos, tal e como se redactou o artigo 13, que se trata dunha exclusión inadmisíbel nunha renda que pretende garantir recursos económicos de subsistencia para a cobertura de necesidades básicas da veciñanza do Concello da Coruña mais que deixa fóra do acceso a esta prestación a moitas persoas por causa da súa orixe
Finalmente, tamén durante os vindeiros días percorreremos os barrios da cidade para recoller sinaturas e presentar alegacións co obxecto de que o Goberno municipal modifique o artigo en cuestión da nova Ordenanza no proceso de aprobación final previsto para as próximas semanas.
A Coruña, 21 de xullo de 2016
Artigos relacionados:
- Avia Veira: Propoñemos melloras na ordenanza da RSM para conseguir que sexa máis concreta"
- O BNG presenta as súas propostas á RSM
- Sen informes para a Renda Social Municipal
- O Edificio Conde de Fenosa, Santa Lucía e a axuda social municipal, preguntas do BNG
- O Proxecto de ordenanza de Renda Social Municipal realmente regula unha axuda