AVIA VEIRA REXISTRA UN FEIXE DE PREGUNTAS POR ESCRITO AO RESPECTO

De quen é a estación de autobuses? Un misterio por resolver

Exterior da Estación de Autobuses no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros
Exterior da Estación de Autobuses, no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros
A concelleira do BNG Avia Veira quere saber se xa se resolveu a disputa entre a Xunta e o Concello a respecto de que administración é a titular dos terreos sobre os que se ergue a Estación de Autobuses.
De quen é a estación de autobuses? Un misterio por resolver

A concelleira do BNG Avia Veira quere saber se xa se resolveu a disputa entre a Xunta e o Concello a respecto de que administración é a titular dos terreos sobre os que se ergue a Estación de Autobuses.

É necesario sabelo para ver que se fai facer con eles unha vez que entre en funcionamento a Intermodal, tendo en conta que a conclusión das obras da nova estación de autobuses está planificada para finais de 2025.

A Xunta afirma que é a propietaria porque recibiu os terreos do Estado por medio do Real Decreto 88/196, mentres que o Goberno Local argúe que os ten inscritos no Rexistro da Propiedade e no Castastro.

“Este é un misterio sen resolver e a actual estación vai ficar a curto prazo baleira sen que estea resolta a disputa sobre a propiedade e, consecuentemente, sen que exista proxecto para a reutilización desta infraestrutura”, afirma Avia Veira, quen por esta razón vén de rexistrar un feixe de preguntas por escrito.

“Desde o BNG non queremos que a Estación de Autobuses se sume á longa listaxe de bens públicos abandonados e baleiros que existen na nosa cidade”, alerta Veira.

A concelleira quere saber que proxecto ten o Goberno Local para estes terreos no caso de que se confirme que a propiedade é do Concello.

 

 

 

 

De quen é a estación de autobuses? Un misterio por resolver