UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS NO PARLAMENTO GALEGO

Até cando a Familia Franco lle vai tomar o pelo á Xunta?

Mercedes Queixas diante da porta da Casa Cornide
Mercedes Queixas, diante da porta da Casa Cornide
Ante o reiterado e deliberado incumprimento das súas obrigas como titular dun Ben de Interese Cultural, a Casa Cornide, a familia Franco tería de ser obxecto de “novas medidas coercitivas” por parte do Goberno galego.
Até cando a Familia Franco lle vai tomar o pelo á Xunta?

Así o entende a deputada do BNG Mercedes Queixas, quen, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego, dirixiu unha pregunta oral ao director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

“Por que a Xunta permite que a Casa Cornide continúe fechada ao público catro anos despois de ser declarada BIC”?, preguntou a parlamentar do BNG.

É certo que a Xunta impuxo á familia Franco unha multa de 3.000 euros por incumprir as súas obrigas -basicamente permitir de forma gratuíta visitas ao palacete catro días ao mes, un mínimo de catro horas cada un deses días-, mais Anxo Lorenzo, salienta Queixas, “non foi quen de confirmar se os descendentes do ditador teñen pagado esa multa”.

En todo caso, e visto que o BIC continúa fechado ao público, a Xunta debería tomar novas medidas coercitivas, salienta Queixas, quen remarca que a Lei de Patrimonio Cultural tería permitido á Xunta “impor unha multa superior á que se fixou”, até chegar a un máximo de 6 mil euros.

“Estamos convencidas de que a Xunta non toleraría este comportamento se en vez de ser os Franco estivésemos falando doutra familia. Confirmamos, pois, que para o PP a lei non é igual para todos”, conclúe.

Até cando a Familia Franco lle vai tomar o pelo á Xunta?