Queixas pídelle ao Goberno galego que se absteña de patrocinar un pelotazo en San Diego

foto Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

Na sesión de control ao Goberno galego deste mércores 13A, a deputada do BNG Mercedes Queixas preguntoulle ao Executivo se, na liña do expresado recentemente por Feixoo, apoia a venda de parte de San Diego para construír vivendas a grande escala.

 

Queixas pídelle ao Goberno galego que se absteña de patrocinar un pelotazo en San Diego

A parlamentaria lembrou que na última sesión plenaria realizada na Cámara galega o BNG defendeu unha proposta co fin de instar a Xunta a buscar unha “saída” á difícil situación do porto da Coruña, un porto de interese do Estado e motor económico da cidade e comarca. O porto, explicou a nacionalista, vive unha “regresión económica” e reduciu significativamente a súa participación no conxunto dos portos do Estado. Neste sentido, sinalou que “mentres os tráficos portuarios coruñeses decrecen nun 11.5%, no resto do Estado aumentan máis dun 20,7%”.

O presente e o futuro do Porto da Coruña, explicou Queixas, están condicionados  por unha débeda acumulada de 302 millóns de euros, dos que 200 son con Portos do Estado, derivados da construción do Porto Exterior no que se  se gastaron 1.000 millóns de euros e deixándoo incomunicado sen camiños de ferro. Agora, o Estado pretende que se responsabilice á Xunta do pago da débeda e acceso ferroviario, asumindo como propias “as consecuencias dunha pésima xestión da Autoridade Portuaria”.

Mercedes Queixas aludiu ao acordo parlamentario aprobado “por unanimidade”  para demandar a licitación do acceso ferroviario do porto exterior de Punta Langosteira, antes do vindeiro mes de xuño co compromiso firme do Ministerio de Transportes e a condonación da débeda con Portos do Estado; porén, a  información trasladada nos últimos días polos medios de comunicación anulou, en certa medida, o acordo parlamentario, de a, a presentación da pregunta urxente sobre se  a Xunta de Galiza  esta disposta a apoiar e avalar a venda de terreos portuarios públicos do Porto da Coruña patrocinando a “especulación” e aceptando o agravio comparativo co Porto de Valéncia.

Tras a resposta da conselleira de Infraestruturas,  Ethel Vázquez  a nacionalista recalcou  que a construción do Porto Exterior foi “unha decisión do Estado” e, por tanto, cábelle ao Estado responder das súas decisións.

A Coruña e Galiza non están en débeda co Estado

A deputada pediulle á conselleira non desvirtuar con operacións de mercadeo de despacho rápido o acordo público desta cámara  a través dun pacto secreto e “moi cómodo” entre   PP-PSOE, ironizou. Este pacto persegue  lexitimar unha renovada hipoteca para os galegos e galegas a custa do sacrificio do futuro da fachada marítima da Coruña.

“A Coruña e Galiza non estamos en débeda co Estado. O Estado  está en débeda coa Coruña e Galiza”, reiterou Queixas. Por outra banda, sinalou que Feixoo renuncia á condonación da débeda e o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, condiciona o pagamento da débeda á venda dos  terreos públicos do porto. Para a nacionalista, “especular coa venda implica unha nova submisión de Feixóo e o PP ao goberno do Estado”.

 

Queixas pídelle ao Goberno galego que se absteña de patrocinar un pelotazo en San Diego