Apoiamos a nova acción de protesta do persoal de Naturgy ameazado de deslocalización a Madrid

Jorquera con traballadores do Centro de Operacións de Rede de Naturgy.
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, e o secretario de Organización do Bloque na Coruña, Fran Rei, acompañaron a primeira hora desta tarde as e os traballadores de Naturgy no corte de tráfico que protagonizaron ao pé da sede do Centro de Control Operativo desta empresa na Avenida de Arteixo, ameazado de deslocalización a Madrid.
Apoiamos a nova acción de protesta do persoal de Naturgy ameazado de deslocalización a Madrid

“Todo en Madrid, non queda nada aquí” e “Non ao Peche, non ao Peche” foron algúns dos cánticos coreados polas traballadoras e traballadores de Naturgy.

En xogo, por volta de 30 postos de traballo na nosa cidade e a desaparición dun centro de operacións que vixila o funcionamento da rede de media e baixa tensión da Galiza, ben como tamén a alta tensión da provincia de León.

Naturgy

O grupo municipal do BNG interesouse por esta cuestión no pasado pleno do 8 de abril, cando Francisco Jorquera se dirixiu ao Goberno Local para saber que xestións fixera a alcaldesa para Naturgy reverter a decisión de deslocalizar estas instalacións a Madrid. A resposta foi absolutamente evasiva e inconcreta, sen o portavoz do executivo coruñés, José Manuel Lage, ser quen de referir ningunha iniciativa concreta.

 

Apoiamos a nova acción de protesta do persoal de Naturgy ameazado de deslocalización a Madrid