Queixas e Jorquera visitan comercios dos Mallos para repartiren material da campaña 'Mellor Local, Mellor Galego'

Mellor Local Mellor Galego. Pequeno comercio nos Mallos.
Mercedes Queixas e Francisco Jorquera –deputada do BNG e portavoz nacionalista en María Pita, respectivamente- visitaron esta mañá diversos comercios dos Mallos para repartiren material informativo da campaña do Bloque “Mellor Local, Mellor Galego”.
Queixas e Jorquera visitan comercios dos Mallos para repartiren material da campaña 'Mellor Local, Mellor Galego'

“Estamos aquí para intercambiarmos impresións coas comerciantes e os comerciantes. É obvio que están a pasar por un momento moi delicado, debido á pandemia, e precisan dun maior apoio por parte dos poderes públicos. O pequeno comercio fai cidade, crea emprego, dá vida ás nosas rúas e achega seguridade ás veciñas e aos veciños. Termar del é para nós unha prioridade”, afirma Mercedes Queixas.

Os MallosO BNG vai dar traslado das demandas e inquedanzas das e dos comerciantes ao Parlamento galego e ao Concello da Coruña, anunciaron Queixas e Jorquera.

Os Mallos 2

 

 

 

 

 

Queixas puxo o acento na Xunta, titular das competencias básicas en materia de comercio. “Ímoslle esixir ao Goberno galego que blinde o pequeno comercio e que non se preocupe só polas grandes superficies comerciais”, dixo.

 

Queixas e Jorquera visitan comercios dos Mallos para repartiren material da campaña 'Mellor Local, Mellor Galego'