JORQUERA REXISTRA UN FEIXE DE PREGUNTAS POR ESCRITO

Que razóns levaron ao Concello a tallar árbores no Parque de Santa Margarida?

Árbores talladas no Parque de Santa Margarida.
Árbores talladas
Como parte do desenvolvemento do Proxecto Básico e de Execución de reforma do Parque de Santa Margarida, o Concello procedeu á talla de varias árbores nese espazo verde da cidade, o que leva o noso portavoz Francisco Jorquera a se interesar polo asunto.
Que razóns levaron ao Concello a tallar árbores no Parque de Santa Margarida?

Jorquera quere saber que razóns levaron á talla dos exemplares, se padecían algunha doenza, se representaban algún perigo para as persoas usuarias do parque e se se fixo algún estudo que aconsellase a súa corta.

Inquire o noso portavoz se a talla vén derivada do propio proxecto de reforma do Parque, actuación que contempla a apertura de novas sendas peonís.

“Non é contraditorio que unha reforma que pretende a mellora do parque conleve a talla de árbores?”, interpela Jorquera, quen tamén pregunta se o proxecto de reforma prevé a plantación de novos exemplares “e a mellora da calidade das especies existentes, substituíndo especies alóctonas [non orixinarias do lugar no que están] por especies climáticas”.

 

Que razóns levaron ao Concello a tallar árbores no Parque de Santa Margarida?