JORQUERA VOLVE LEVAR O ASUNTO AO PLENO

Case tres anos e medio despois, un edificio continúa a ser inaccesíbel para unha persoa co 92% de discapacidade

Rúa Hortensias
Eis a escaleira non accesíbel
O 30 de decembro de 2022 presentouse no rexistro do Concello un escrito en demanda da instalación dunha rampla ou dun pequeno elevador de escada (coñecido como salvaescaleiras) para garantir a plena accesibilidade a un edificio da Rúa das Hortensias (Barrio das Flores) no que mora unha persoa cunha discapacidade de 92%.
Case tres anos e medio despois, un edificio continúa a ser inaccesíbel para unha persoa co 92% de discapacidade

A petición foi reiterada en distintas ocasións sen que fose atendida.

Ante esta situación, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, levou o asunto ao Pleno en dúas ocasións, en forma de rogos orais, o 11 de abril e o 12 de setembro de 2024.

Como queira que o problema continúa sen ser resolvido, Jorquera vaino volver ao Pleno, nesta ocasión na sesión ordinaria do mes de abril, e tamén en forma de rogo oral.

No texto desta iniciativa, Jorquera refire que a única resposta oficial que se lle ten dado á persoa afectada é un escrito do Servizo de Infraestruturas, con data de 3 de xño de 2024, en que se afirma que a solicitude “se atopa en estudo por parte dos técnicos municipais para valorar a súa viabilidade.

Máis de ano e medio despois desa comunicación, o Concello continúa sen dar solución ao problema, polo que Jorquera insta o Goberno Local a que realice, coa máxima celeridade, “as accións necesarias para que se dote dunha rampla ou un pequeno elevador de escada o acceso ao edificio situado na Rúa das Hortensias, número 1, no Barrio das Flores, co obxecto de asegurar a accesibilidade ao devandito edificio”.

 

 

 

Case tres anos e medio despois, un edificio continúa a ser inaccesíbel para unha persoa co 92% de discapacidade