Que proxecto cultural ten o Goberno Local para a Casa Carré?
A concelleira do BNG Mercedes Queixas dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para saber que proxecto cultural ten deseñado para a Casa Carré, edificio situado no número 46 da estrada de Monelos e que o Concello vai mercar por 459.619 euros.
“Trátase dunha casa de relevante valor simbólico e histórico, vinculado á xénese da estirpe galeguista da Coruña que representa a familia Carré”, resalta Queixas na exposición de motivos desta pregunta.
Sería desde logo desexábel -como apunta a asociación veciñal de Eirís- que o Goberno Local artelle un proxecto cultural con xeito para o inmóbel, tendo en conta que “non estamos precisamente sobrados na cidade de espazos culturais que se achen nun estado óptimo de mantemento”, remarca Queixas.