CUNHA COMPARECENCIA DE MARTÍN FERNÁNDEZ PRADO

A Comisión da Fachada Marítima, presidida por Jorquera, retoma os seus traballos

Comisión Especial da Fachada Marítima. Sesión do 31 de maio de 2024.
Un aspecto dunha sesión da comisión, presidida por Jorquera
A Comisión Especial da Fachada Marítima -presidida polo portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera- vai retomar os seus traballos este venres coa primeira das comparecencias programadas, a do presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado.
A Comisión da Fachada Marítima, presidida por Jorquera, retoma os seus traballos

A sesión vai ter lugar a partir das 10 horas no salón vermello do Pazo de María Pita.

A comparecencia de Martín Fernández Prado foi proposta precisamente polo grupo municipal do BNG.

Nas próximas semanas as comparecencias iranse completando coas de Carlos Nárdiz, autor dun traballo sobre a nova fachada marítima encargado pola Universidade da Coruña; Ruth Varela, da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza; Enrique Urcola, decano do colexio de enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos; Manuel Monge, da Comisión Aberta en Defensa do Común; Paulo Sexto, da Asociación Veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros; Cosme Damián Romai Cousido, do grupo naturalista Hábitat; Fernando Vidal, presidente da Asociación de Usuarios do Porto; Juan Carlos Corrás, presidente da Lonxa; Severino Ares Lago, da Asociación Pesca Galicia-Arpega-O Barco (asociación de armadores de buques pesqueiros de Galiza); Pilar Parra, directora corporativa de Portos do Estado, ben como tamén representantes da Confraría de Pescadores da Coruña, Acerga (Asociación de Armadores do Cerco de Galiza), Arpesco (asociación provincial de armadores de buques de pesca da Coruña)

Sobre as comparecencias que comezan este venres, Jorquera subliña: “É necesario que o deseño da nova fachada marítima se faga coa maior participación social posíbel. As comparecencias constitúen unha representación ampla e diversa do conxunto da cidadanía coruñesa”.

“A Comisión é un foro adecuado para que o conxunto das entidades acheguen as súas visións para seren tidas en conta porque o futuro da fachada marítima incumbe a todos. Cando falamos do deseño da nova fachada marítima falamos en boa parte do deseño da Coruña do futuro”, remarca.

 

A Comisión da Fachada Marítima, presidida por Jorquera, retoma os seus traballos