O Goberno Local non concorre a unha subvención para o servizo de normalización lingüística e Queixas pregunta por que

Concentración Queremos Galego
Unha concentración de Queremos Galego
A concelleira do BNG Mercedes Queixas dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para saber por que, a diferenza de anos anteriores, non se presentou ás subvencións convocadas pola Deputación para reforzar o servizo de normalización lingüística do Concello.
O Goberno Local non concorre a unha subvención para o servizo de normalización lingüística e Queixas pregunta por que

Este servizo dispón neste momento de dúas persoas técnicas e dúas administrativas e, por tanto, o seu cadro de persoal precisa ser reforzado, sendo que nin a Relación de Postos de Traballo (RTP) está cuberta nin agora se vai contar co reforzo necesario da praza que se podería dotar coa subvención da Deputación. 

“Sorprende a ausencia do Concello na listaxe de adxudicatarios das subvencións. Supón a redución do persoal do servizo vinculado a esta axuda”, afirma a concelleira nacionalista. “O Goberno Local si que se presentara a anteriores convocatorias destas axudas, o que fai máis difícil de entender a súa non concorrencia nesta ocasión”, engade.

Queixas entende que non dispor desa subvención debilita o Servizo de Normalización Lingüística e, colateralmente, prexudica o correcto desenvolvemento da Ordenanza Municipal da Lingua Galega.

Ao carecer desa vía de financiamento, Queixas inquire o Goberno Local se vai destinar “recursos orzamentarios propios” do Concello para reforzar o servizo de normalización lingüística.

 

O Goberno Local non concorre a unha subvención para o servizo de normalización lingüística e Queixas pregunta por que