MARCHAMOS CANDA A CIG CONTRA A REFORMA LABORAL DO GOBERNO PSOE-UP
"Que non rouben os nosos dereitos"
Militantes e simpatizantes do BNG tiveron esta mañá presenza na manfiestación da CIG que percorreU as rúas da cidade en contra dunha nova reforma laboral, desta volta da man do Goberno do PSOE e Unidas Podemos, que mantén os aspectos máis lesivos da lexislación do PP e volve favorecer os intereses do capital.
30 xan. 2022 - 16:50
Na manifestación estiveron presentes o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, e a nosa deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas.
O BNG portou unha faixa propia na que se podía ler a lenda: "En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos".