ACTO MOI CONCORRIDO QUE CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE NÉSTOR REGO

Emotiva homenaxe a Moncho Valcarce: "Un patriota. Un activista. Un home xusto. Un exemplo a seguir"

Moncho Valcarce

Como todos os anos, o cemiteiro de Santo Amaro acolleu este sábado un nutrido grupo de militantes e simpatizantes do BNG quen, convocados polo grupo de barrio de Monte Alto da organización nacionalista. tributaron unha sentida homenaxe a Moncho Valcarce (1935-1993), o coñecido como cura das Encrobas.

Emotiva homenaxe a Moncho Valcarce: "Un patriota. Un activista. Un home xusto. Un exemplo a seguir"

O acto, presentado por Ana Míguez, responsábel do grupo de barrio do BNG de Monte Alto, contou coa intervención de Néstor Rego, parlamentar nacionalista no Congreso dos Deputados.

"Sempre teño moi presente, no pensamento mais tamén na acción, unha frase que nos deixou Moncho Valcarce, a de que o verdadeiro compromiso consiste en identificarse cos que sofren a opresión e pelexar pola súa liberación", dixo Rego.

 

Ana MíguezE Moncho foi fiel a esa frase. "Sendo cura, identificouse coa causa das labregas e dos labregos e de feito tivo unha participación destacada, mesmo se pode dicir que liderou, loitas labregas fundamentais como a das Encrobas, daí o seu apelativo, ou a de Baldaio. Participou tamén activamente, como militante nacionalista, na loita pola conquista dunha Galiza e dun mundo novo".

Foi máis que un referente, un exemplo a seguir, "pola coherencia entre o que dicía e o que facía e por esa perspectiva de 20220129_121438que é posíbel mudar as cousas para mellor e de que é necesario facelo colectivamente, mais tamén a partir do compromiso individual".

Unha Galiza libre e soberana nun mundo máis xusto. Ese era o soño de Moncho Valcarce. "E ese é o compromiso que mantén vivo a militancia do BNG. E desde logo a mellor homenaxe que lle podemos tributar a Moncho é continuar o traballo político que el fixo de maneira exemplar durante toda a súa vida", concluíu Rego.

Emotiva homenaxe a Moncho Valcarce: "Un patriota. Un activista. Un home xusto. Un exemplo a seguir"