DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

A proposta do BNG, o Pleno pídelle ao Goberno do Estado que cumpra o seu compromiso e descenda ao Villa de Pitanxo

20220407_100222
O Pleno do Concello, a proposta do BNG, realizou hoxe unha Declaración Institucional por medio da cal se insta o Goberno do Estado a que cumpra o seu compromiso de descender ao buque Villa de Pitanxo para “elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como recoñecer a súa contorna e a zona exterior do buque para verificar a localización dos corpos dos tripulantes desaparecidos”.
A proposta do BNG, o Pleno pídelle ao Goberno do Estado que cumpra o seu compromiso e descenda ao Villa de Pitanxo

Na Declaración laméntase que o Goberno do Estado teña indicado que non pensa realizar a operación de descenso, “o que xera vergoña e dor pola clara falta de respecto aos 21 falecidos, ás súas familias e a toda a xente do mar”.

No texto indícase que “a escusa de non poder encontrar os corpos ou a imposibilidade de acceder ao interior da nave non é obstáculo para acometer o descenso até o barco afundido e poder obter imaxes da situación e circunstancias nas que se encontra o buque”.

“Ademais, a Fiscalía indicou a existencia de indicio de homicidio imprudente no afundimento do “Villa de Pitanxo”, cuestión pola que, e agora máis que nunca, o visionado do estado do barco presentaría datos para o bo discorrer da investigación e, consecuentemente, para o esclarecemento da verdade”, remárcase na declaración institucional.

 

A proposta do BNG, o Pleno pídelle ao Goberno do Estado que cumpra o seu compromiso e descenda ao Villa de Pitanxo