A Proposición non de lei para recuperar o uso da piscina do Agra rexeitase polo voto en contra do PP
A Coruña, 27 de novembro de 2015.- A instancias do Grupo Municipal, o Grupo Parlamentario do BNG, ven de defender esta mañá, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galiza, unha Proposición non de lei sobre a autorización pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do acceso do alumnado ás instalacións da piscina situada no Instituto de Ensinanza Secundaria Agra do Orzán, da Coruña, nas mesmas condicións en que se viña facendo nos últimos 23 anos. Deste xeito, a Proposición non de lei presentada para o seu debate pretendía que o Parlamento de Galiza instara á Consellería de Educación a que dera prioridade á calidade educativa fronte ao beneficio privado e a que permitira o acceso de todo o alumnado do IES Agra do Orzán ás instalacións deportivas da piscina, nas mesmas condicións nas que o viñan facendo desde a súa construción.
A Proposición non de lei sobre a autorización do uso da piscina da Agra que o BNG expuxo hoxe na Comisión de Educación do Parlamento de Galiza foi rexeitada co voto en contra do PP
Na súa intervención, o deputado nacionalista Cosme Pombo lembrou que a Consellaría de Cultura e Educación, a través da Xefatura Territorial e Inspección Educativa da Coruña, comunicoulle, con data de 8 de outubro, á dirección do IES Agra a PROHIBICIÓN INMEDIATA do uso da piscina para o alumnado da ESO e de bacharelarto do IES. Esta decisión arbitraria e unilateral, sen fundamento, e nunca comunicada por escrito, malia tida sido solicitada pola propia dirección e representantes do centro, parece defender o negocio e o beneficio privado dunha empresa, neste caso a empresa GAIA, en vez de defender os intereses da comunidade educativa, sinalaron os nacionalistas.
O Partido Popular teima unha vez máis en defender os intereses dunha empresa privada en vez da defensa do ensino público
Cosme Pombo tamén lembrou que os terreos onde se construíu a piscina son de titularidade pública e están instaladas nos terreos públicos do IES, que se cederon no seu momento para a construción do Polideportivo a cambio do uso das instalacións. Esta é unha demostración máis do ataque constante da Consellaría de Educación ao ensino público, primando os intereses de entidades e empresas privadas por riba da calidade educativa, indicou Cosme Pombo.
O Bloque trasladou as denuncias da comunidade educativa do IES Agra e a prohibición do uso das instalacións da piscina
Por último, o deputado Nacionalista lembrou que o uso da piscina estivo recollido nos Proxectos Curriculares e nas programacións do Departamento de Educación Física, durante as máis de dúas décadas que se viñeron utilizando as instalacións, e que o seu uso non é un privilexio, dándolle así resposta ás intervencións do Grupo Popular e ao Secretario Xeral de Educación, que empregaron este argumento para xustificar o voto en contra e a retirada do uso da piscina ao alumnado.
Finalmente, o voto en contra do Partido Popular impediu que a Proposición non de lei puidera ter sido aprobada.