UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS PARA O PLENO DO 11A
E a programación do Concello sobre o Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta? U-la?
É por este motivo que o BNG, xa no Pleno de novembro de 2023, emprazou o Goberno Local a que elaborase unha programación “expansiva, diversa e dirixida a todos os públicos”, ben como tamén dialogada cos axentes sociais e culturais da cidade, para tornar 2024 no Ano Luísa Villalta.
“Mais desde novembro nada se soubo e aparentemente nada se fixo”, critica Mercedes Queixas, o que a leva a volverse interesar por esta cuestión -a través dun rogo escrito- no Pleno do vindeiro xoves 11 de abril.
“Estamos a pouco máis dun mes do Día das Letras e non imos parar até que o Goberno Local elabore unha programación á altura dunha figura tan extraordinaria como Luísa Villalta. Cómpre facer un recoñecemento do seu enorme contributo á cultura coruñesa e cómpre divulgar a súa obra e o seu pensamento entre toda a veciñanza”, conclúe.