UNHA INICIATIVA DE DAVID SOTO PARA O PLENO DO 11A
BNG inquire o Goberno Local sobre o estado da implantación da Aesia na nosa cidade
Lembra Soto que o 3 de setembro de 2023 entrou en vigor o Decreto 729/2023 en virtude do cal se aproba o Estatuto da Aesia e se dispón que a efectiva posta en funcionamento da axencia se produciría tres meses despois, o 3 de decembro de 2023.
“Con todo, até este momento non tivemos noticia da posta en funcionamento da Axencia nin da convocatoria de selección de persoal nin do nomeamento da dirección”, alerta o concelleiro nacionalista.
Perante a falta de cumprimento do prazo que se marcou o propio Goberno do Estado no decreto devandito, Soto pregúntalle ao Goberno Local se ten instado ou pensa instar o Executivo central para que se faga realidade a implantación efectiva da Aesia na nosa cidade.