Presentamos xa a moción para protexer a contorna da Torre e que insta a modificar o PXOM
Tras a sentenza da semana pasada do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, vimos de presentar esta mañá a moción (preme aquí para vela) pola que se solicita a modificación do PXOM co obxecto de protexer a contorna da Torre de Hércules.
Presentamos esta mañá a moción pola que solicita a modificación do PXOM para protexer a contorna da Torre
Deste xeito, a través desta iniciativa, instamos a iniciar os trámites necesarios para levar a cabo unha modificación parcial do PXOM na que se contemple unha nova ordenación na contorna da Torre de Hércules que non permita construcións na zona buffer de protección, e chamamos ao conxunto de grupos políticos con representación no Pleno a secundar a iniciativa e aprobala por unanimidade.
Coa proposta pretendemos unicamente impedir a construción de novos volumes edificatorios en Durmideiras e a especulación urbanística nunha zona tan sensíbel como o da contorna da Torre de Hércules, algo que todas as organizacións políticas que sosteñen os grupos municipais que conforman esta Corporación, en diferentes momentos, temos manifestado publicamente. Mesmo o propio PP chegou a comprometerse publicamente a isto en datas próximas ás eleccións municipais de 2015.
Alén das modificacións do PXOM que ían hoxe a Pleno extraordinario, o Goberno municipal debe pór en marcha outras que cómpre realizar nos vindeiros meses, como a protección da contorna da Torre de Hércules, o cambio de usos contemplados no Plan para os peiraos interiores ou a cualificación urbanística dos terreos da Solana e do Finisterre
Neste sentido, e aproveitando a aprobación inicial esta mañá, en Pleno extraordinario, dalgunhas modificacións do PXOM, instamos o Goberno municipal a pór en marcha nos vindeiros meses outras modificacións do plan xeral que, ao noso xuízo, son precisas: como a modificación de usos contemplados no Plan para os peiraos interiores ou a cualificación urbanísticas dos terreos da Solana e do Finisterre. É por isto a presentación desta moción no día de hoxe, que será debatida no pleno de setembro, relativa á protección da contorna da Torre de Hércules así como outras.
Este momento debe ser aproveitado para actuar sobre o planeamento facendo cambios tamén en zonas de especial importancia, superar as meras declaracións de intencións, facer política en defensa dos intereses xerais da cidade e reformar de vez actuacións orientadas cara a especulación urbanística que o PXOM contemplaba.
Para nós é necesario reformar o PXOM coa finalidade de defender os intereses xerais da cidade fronte a especulación urbanística, obxectivo que tamén debería aplicarse para a necesaria modificación do Plan Parcial do Ofimático para excluír á veciñanza e as casas de Elviña do parque
Consideramos que é necesario reformar o PXOM coa finalidade de defender os intereses xerais da cidade fronte a especulación, obxectivo que tamén debería aplicarse, por exemplo, para a necesaria modificación do Plan Parcial do Ofimático para excluír a veciñanza e as casas de Elviña do parque.
A Coruña, 1 de agosto de 2016
Artigos relacionados