As présas electorais na Mariña equivalen a un cóctel molotov en materia de seguridade

As présas electorais na Mariña equivalen a un cóctel molotov en materia de seguridade

A Coruña, 10 de febreiro de 2015- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que as présas electorais do Sr. Negreira, que quere inaugurar o túnel da Mariña antes dos comicios de maio, unidas ao dispendio de recursos públicos equivalen a un cóctel molotov en materia de seguridade.

Era o que faltaba. Ao dispendio económico das obras da Mariña e ás molestias ocasionadas polo ruído, hai que engadir agora a inseguridade das propias obras.

As nacionalistas sinalan que amais de supoñerlle unha millonada e numerosas molestias á veciñanza, as obras da Mariña parece que tamén son perigosas. Nesta ocasión, foi o forte cheiro a gas o que alarmou os traballadores e traballadoras da Autoridade Portuaria –edificio que chegou a ser desaloxado- e de Correos, logo de que una escavadora perforase unha tubaxe de gas no viario que hai entre ambos os edificios públicos.

 

 

As présas electorais na Mariña equivalen a un cóctel molotov en materia de seguridade