Se o PP quere construír o túnel do Parrote para beneficiar unha empresa que pague o Porto
A Coruña, 10 de setembro de 2013.- O Grupo municipal do BNG sinala que se se quere construír o Túnel do Parrote para beneficiar a unha empresa, Copasa, que o pague Autoridade Portuaria, cuxa obra desenvólvese en terreos da súa propiedade, mais nos as administracións públicas.
E é que non se entende, sinalan as nacionalistas que as Administracións Públicas que están a recortar en servizos públicos, educación, sanidade, servizos sociais ,asfixiando socialmente á cidadanía, financien imensas cantidades de cartos para obras que non lle corresponden e que son innecesarias.
Ademais, salienta o BNG, é que estamos a ver continuamente como as administracións gobernadas polo PP asumen custos que non lle corresponden e que logo benefician a grandes empresas e empresarios. Sen ir, máis lonxe, lembran o acontecido a semana pasada cando o Concello da Coruña ten que asumir o 30 por cento da obra do enlace Terceira Rolda-Polígono de Vío (VG-1) (9,6 millóns de euros) para beneficio do sr. Jove e sr. Collazo asumindo o custo que lle corresponde aos promotores do lugar, por tratarse dun sistema xeral directamente ligado a un sector de solo urbanizábel (SURT-3), e non aos poderes públicos.