O PP convidou @s fill@s do persoal da Deputación a subir de balde ao tiovivo da Laponia
A Coruña, 3 de xaneiro de 2012.- Xusto o día en que se desmonta o polémico poboado lapón de 145.000 euros, o Grupo Municipal do BNG tivo coñecemento de que o PP convidou as crianzas dos e das traballadoras da Deputación da Coruña a subirse de balde ao "carrusel veneciano" instalado na Laponia de María Pita, cuxo custo era de 1,5 euros.
Os nacionalistas denuncian que o deputado do PP Antonio Cañas Varela lle enviou un comunicado a todo o persoal da Deputación para lle informar que, en virtude dun acordo entre o propio deputado e a Asociación Comarcal de Mulleres Profesionais, Autónomas e directivas APADE Coruña, os fillos e fillas dos e das traballadoras da deputación poderían "acudir gratis ao tiovivo" o día 2 de xaneiro de 2013, de 12h a 14h. Tal e como consta no mail recibido polo persoal da Deputación "este horario acordouse para que non teñan que esperar longas colas, xa que pola tarde hai máis xente", previa "presentación da tarxeta acreditativa da Deputación".
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG critica que ante o fracaso da Laponia coruñesa, o PP tiver o descaro de convidar os fillos e fillas do persoal da Deputación para inflar os números de visitantes. Ademais, os nacionalistas denuncian a discriminación que sofren as crianzas do conxunto dos e das coruñesas, que pagaron, cos seus impostos, os 145.000 euros que valeu este poboado lapón.
Os nacionalistas esíxenlle explicacións ao Sr. Negreira e piden que non se volva repetir unha práctica semellante, propia dun Goberno caciquil.
Achegamos o mail recibido polo persoal da Deputación.
-------- Mensaje original -------- Asunto: Tiovivo María Pita
Fecha: Sat, 22 Dec 2012 12:10:54 +0100
De: XXX
Para: undisclosed-recipients:;
Buenos días,
Según acuerdo alcanzado entre el diputado D. Antonio Cañas Varela y la Asociación Comarcal de Mulleres Profesionais, Autónomas e directivas APADE Coruña, se comunica a todo el personal de la Diputación que el dia 2 de Enero de 2013 de 12,00 hras. a 14:00 hras., los niños de los trabajadores de la diputación podrán acudir gratis al tiovivo que hay situado en la plaza Maria Pita. Este horario se ha acordado para que no tengan que esperar largas colas ya que por la tarde hay mas gente. Se necesita presentar tarjeta acreditativa de la Diputación .
Antonio Cañas Varela
Diputado Promoción Economica