MEDIO AMBIENTE

O PP continúa co procedemento para instalar a planta de refugallos preto de Novo Mesoiro, de Feáns e da Urb. Breogán

Representantes de diversos colectivos (entre eles o BNG), asociacións e particulares na visita no Lugar Teixoeira, realizada en agosto de 2017, onde a Xunta pretende construir a Planta
Representantes de diversos colectivos (entre eles o BNG), asociacións e particulares na visita no Lugar Teixoeira, realizada en agosto de 2017, onde a Xunta pretende construir a Planta

Entendemos escandaloso que o Partido Popular teime en construír a Planta de Pretatamento a escasos metros dos barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Urbanización Breogán e Santa Icía

Ante a publicación antonte no DOG do anuncio polo cal se somete información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental da Planta de Santa Icía exiximos explicacións á Conselleira de Medio Ambiente de por que deu continuidade ao expediente e denunciamos a súa falla de compromiso para coa cidade á que se pretende presentar como candidata ás vindeiras eleccións municipais

Resulta canto menos incomprensíbel, despois da resposta unánime que tivo no seu momento na súa contra, que se continúe co procedemento para a construción desta Planta. Non sabemos que intereses agocha a presunta candidata a alcaldía da Coruña Beatriz Mato ao permitir que o procedemento avance e en insistir en situala tan preto destas poboacións cando na actualidade existen 3 grandes centros de pretratamento en Galiza específicos para estes refugallos. Pola nosa parte, volvemos a amosar o noso rotundo rexeitamento e xa anunciamos que presentaremos alegacións a este novo proceso

O PP continúa co procedemento para instalar a planta de refugallos preto de Novo Mesoiro, de Feáns e da Urb. Breogán

Despois de se publicar o pasado mércores no DOG o anuncio polo cal se somete información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental da Planta de Santa Icía, entendemos escandaloso que o Partido Popular teime en construír este centro de pretatamento a escasos metros dos barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Urbanización Breogán e Santa Icía.

Deste xeito, amosamos a súa perplexidade ante a continuación dun procedemento que no seu día foi rexeitado unanimemente pola veciñanza das zonas afectadas, entidades veciñais e sociais, o Concello e a Deputación da Coruña, e supuxo a presentación dunha serie de alegacións e mocións en distintas administracións que evidenciaban un clamor para que a construción da planta non se efectivizara.

Asemade, lembramos que o Estudo de Impacto Ambiental Simplificado, a parte das carencias e simplezas que desenvolvía ao longo de todo o documento, no que mesmo se chegaba a ignorar a incidencia do chumbo, un dos metais con posibilidade de ser recollidos nos refugallos para o seu tratamento, ou mesmo contemplaba fragrantes incumprimentos da Lei do Solo de Galiza, recoñecía en varios apartados a súa falta de metodoloxía, o impacto que suporía na contorna, e incluso baseaba parte da súa fundamentación nuns moi deficientes estudos de campo, que anulaban, de vez, mesmo formular de xeito hipotético a mera construción dunha planta das características que pretende instalar a Xunta de Galiza na contorna de Santa Icía. 

Plano de ubicación da Planta de Residuos Industriais

Parece que o Partido Popular ben pouco lle importa que todo o conxunto da veciñanza das zonas da afectación da planta, así como as administracións locais, se teñan posicionado en contra. E menos aínda quere saber de xeito rigoroso o impacto e afectación que tería na zona a construción deste centro. É outra demostración máis ás que nos acostuma, e moi na liña das agresións continuadas que se pretenden facer no medio ambiente da nosa cidade, tal e como se evidencia tamén coa intención de construír a planta de tratamento de aceites no peirao de Oza, xusto na bocana da nosa ría.

É por isto que lle exiximos explicacións á Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, de por que deu continuidade ao expediente e denuncia a súa falla de compromiso para coa cidade á que se pretende presentar como candidata ás vindeiras eleccións municipais.

Resulta canto menos incomprensíbel, despois da resposta unánime que tivo no seu momento na súa contra, que se continúe co procedemento para a construción desta Planta. Non sabemos que intereses agocha a presunta candidata a alcaldía da Coruña Beatriz Mato ao permitir que o procedemento avance e en insistir en situala tan preto destas poboacións cando na actualidade existen 3 grandes centros de pretratamento en Galiza específicos para estes refugallos. Pola nosa parte, volvemos a amosar o noso rotundo rexeitamento e xa anunciamos que presentaremos alegacións a este novo proceso.

A Coruña, 6 de xullo de 2018.

 

Noticias relacionadas:

O PP continúa co procedemento para instalar a planta de refugallos preto de Novo Mesoiro, de Feáns e da Urb. Breogán