MEDIO AMBIENTE

Por un posicionamento rotundo en contra da construción da planta de hidrocarburos en Oza

Imaxe aérea do peirao de Oza desde o barrio dos Castros
Imaxe aérea do peirao de Oza desde o barrio dos Castros

Avanzamos o noso apoio á proposta de moción da A.VV. Oza Gaiteira Os Castros para que o Concello da Coruña amose publicamente o rexeitamento á construción dunha Planta de pretratamento de aceites industriais e hidrocarburos no Peirao de Oza

Cualificamos como de “despropósito” que a Consellaría de Beatriz Mato pretenda instalar na bocana da Ría do Burgo esta Planta tendo xa presentado unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza para impedir a construción desta infraestrutura

A instalación prevese nunha localización a menos de 500 metros de bancos de produción marisqueira, ao carón de sendas praias (Oza, Santa Cristina e Bastiagueiro), ao carón dun complexo náutico deportivo, dentro do conxunto urbano do barrio de Oza, asiduamente atacado por ser a zona dos peiraos da Coruña onde se teñen desenvolto actividades altamente contaminantes, causantes dunha contrastada polución medioambiental, como descargas de carbón e outros materiais, e por existir desaugues ou canalizacións que teñen producido filtracións e verteduras de hidrocarburos. Basta xa de ataques medioambientais á nosa ría e ao barrio de Oza. Imos esixir xunto coa Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros a retirada inmediata do proxecto

Por un posicionamento rotundo en contra da construción da planta de hidrocarburos en Oza

Avanzamos xa o noso apoio á proposta de moción da A.VV. Oza Gaiteira Os Castros para que o Concello da Coruña amose publicamente o rexeitamento á construción dunha Planta de pretratamento de aceites industriais e hidrocarburos no Peirao de Oza.

En pasadas semanas xa amosamos publicamente o noso rexeitamento á construción desta e, deste xeito, recollemos a proposta remitida a todos os grupos con representación en María Pita pola asociación veciñal, na que se propón, ademais dun posicionamento do Pleno do Concello, o instar á Xunta de Galiza a desestimar e rexeitar a súa construción, así como o apoio ás entidades veciñais e organizacións que xa se teñen posicionado en contra da súa construción e xa teñen presentado alegacións ao proxecto.

Vista aérea do porto de Oza cos pantaláns deportivos en primeiro termo

Cremos qué o proxecto é un “despropósito”. Que se pretenda instalar na bocana da Ría do Burgo esta planta amosa ate que punto o interese que ten para a cidade a conselleira de Beatriz Mato, suposta candidata que o Partido Popular quere presentar á alcaldía. Xa presentamos unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza para impedir a súa construción, e, desde logo, defenderemos no Pleno, tal e como se fai constar na moción que propón a asociación veciñal, que o Goberno municipal se presente, diante dos procedementos administrativos correspondentes, como parte interesada, co obxecto de impedir a construción desta planta no peirao de Oza.

Queremos advertir anticipadamente do impacto que pode chegar a supoñer se finalmente se segue adiante co proxecto e se efectiviza a súa construción na contorna onde está proxectada.

A instalación prevese nunha localización a menos de 500 metros de bancos de produción marisqueira, ao carón de sendas praias (Oza, Santa Cristina e Bastiagueiro), ao carón dun complexo náutico deportivo, dentro do conxunto urbano do barrio de Oza, asiduamente atacado por ser a zona dos peiraos da Coruña onde se teñen desenvolto actividades altamente contaminantes, causantes dunha contrastada polución medioambiental, como descargas de carbón e outros materiais, e por existir desaugues ou canalizacións que teñen producido filtracións e verteduras de hidrocarburos. Basta xa de ataques medioambientais á nosa ría e ao barrio de Oza. Imos esixir xunto coa Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros a retirada inmediata do proxecto.

A Coruña, 30 de novembro de 2017

 

Noticias relacionadas:

Por un posicionamento rotundo en contra da construción da planta de hidrocarburos en Oza