O BNG ESCOITA AS DEMANDAS DO SECTOR E TRASLADA AS SÚAS ALTERNATIVAS

Pontón, Miranda e Jorquera intercambian impresións co Consello de Administración da Lonxa

Reunion co Conselho de Administracion da Lonxa
Unha delegación do BNG encabezada pola súa portavoz nacional e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón —e da que tamén fixeron parte o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, e a voceira do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda—estivo esta mañá na Lonxa da Coruña para ter unha reunión co seu Consello de Administración.
Pontón, Miranda e Jorquera intercambian impresións co Consello de Administración da Lonxa

Nun encontro cos medios previo á xuntanza co Consello de Administración da Lonxa, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, explicou que o propósito da reunión era o de "escoitar de primeira man as demandas e propostas do sector pesqueiro".

"Galiza continúa a ser unha potencia pesqueira, a pesar de que en demasiadas ocasións batemos cunha política de reparto de cotas moi inxusta e cuns gobernos españois que, con independencia da súa cor política, teñen sacrificado os intereses da nosa pesca para protexer outros intereses alleos ao noso país", dixo Jorquera quen criticou tamén "o aínda goberno galego do PP" por "nunca lle ter outorgado á pesca o carácter de sector estratéxico que obxectivamente ten".

"A Coruña", engadiu, "foise desenvolvendo como tal arredor do seu porto. A pesca foi sempre un motor da economía da cidade, mais tamén un sinal de identidade, até o punto de que a súa parte máis  o seu corazón, chámase a Pescaría". Jorquera salientou que o sector dá emprego a 10.000 persoas na cidade e comarca, "aínad que nos últimos tempos sufrimos recortes da frota moi graves".

 

 

 

Pontón, Miranda e Jorquera intercambian impresións co Consello de Administración da Lonxa