UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA

No #PlenoOutubro, o BNG busca unha condena unánime ao xenocidio en Gaza

Concentración no Obelisco contra o xenocidio en Gaza
Un momento dunha concentración no Obelisco contra o xenocidio
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai procurar no Pleno do Concello deste xoves un pronunciamento de todos os grupos con representación na cámara municipal de condena ao xenocidio que Israel está a cometer en Gaza.
No #PlenoOutubro, o BNG busca unha condena unánime ao xenocidio en Gaza

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai procurar no Pleno do Concello deste xoves un pronunciamento de todos os grupos con representación na cámara municipal de condena ao xenocidio que Israel está a cometer en Gaza.

Será a través dunha moción en cuxo primeiro punto se propón que o Concello manifeste a súa “clara e contundente condena” do xenocidio.

“Ningunha institución pode permanecer impasíbel e silenciosa perante o maior acto de barbarie sufrido por unha parte da Humanidade no que levamos de século”, afirma Jorquera, quen  remarca que “neste mes de outubro fanse dous anos desde que o Estado de Israel comezou a súa campaña de xenocidio planificado contra o pobo palestino”. O Estado sionista leva asasinados por volta de 70 mil persoas. “Asistimos á matanza premeditada, planificada e sistemática de civís. Ao asasinato sistemático de persoas que se atopaban demandando comida. Á destrución de cidades enteiras, incluíndo hospitais e zonas acordadas para a entrega de axuda humanitaria”, salienta.

 

Jorquera co embaixador de Palestina en España, <b>Husni Abdel Wahed.</b>
Jorquera, co embaixador de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, durante a súa visita a María Pita.

Perante esta situación non vale alegar dubidosas cuestións xurídicas para eludir o emprego do termo “xenocidio”, cando a existencia dese crime contra a Humanidade ten sido xa recoñecida polo comité de persoas expertas de Nacións Unidas.

Jorquera lembra que o ex presidente do Goberno estatal e dirixente do PP José María Aznar afirmou recentemente: “Se Israel perde o que está facendo, Occidente estará á beira dunha derrota total”.

“O que está facendo”. Ese é o eufemismo que usa o referente da dereita española para evitar falar de xenocidio.

“Mais”, apunta Jorquera, “as cousas son exactamente ao revés: se permitimos que Israel continúe a perpetrar un xenocidio, estaremos ante unha derrota total da Humanidade fronte á barbarie”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No #PlenoOutubro, o BNG busca unha condena unánime ao xenocidio en Gaza