AS DO CONTROL DOS VTC E AS DEMANDAS DA VECIÑANZA DE VISMA, POR UNANIMIDADE

O pleno de novembro aproba as tres mocións do BNG

GM novembro
O grupo municipal do BNG
O Pleno ordinario do Concello do mes de novembro aprobou as tres mocións formuladas polo BNG, as relativas ao control dos VTC (Vehículos de Transporte con Condutor) e ás demandas da veciñanza de San Pedro de Visma por unanimidade.
O pleno de novembro aproba as tres mocións do BNG

Por súa parte, a moción referida á mudanza puntual da RPT -e a conseguinte elaboración dunha nova relación de postos de traballo- saíu adiante co voto favorábel do grupo municipal socialista e a abstención do PP.

Canto aos VTC, a concelleira nacionalista Avia Veira defendeu que se cumpra a legalidade, quer a lei galega quer a Ordenanza de Mobilidade recentemente aprobada após ser negociada co BNG, e que por tanto se sancione as empresas que xestionan este servizo cando se comprobe que están a realizar viaxes con saída e destino no noso termo municipal, sendo que legalmente só poden efectuar traxectos inter-urbanos, isto é, entre concellos distintos.

No texto da moción, Veira pídelle ao Goberno Local que se forme a Policía Local para lle dar ferramentas con vistas a aplicar o réxime sancionador, pois que a Ordenanza de Mobilidade estipula que a regulación das VTC se fará cunha normativa específica e, en tanto non existir esta, estes vehículos non poden facer viaxes urbanas.

Ao mesmo tempo, a iniciativa -que parte da defensa do taxi como servizo público face á competencia desleal dos VTC- persegue que se estude a hipotética ampliación do número de licenzas de taxi se se considerar que a actual oferta non é suficiente.

No que di a respecto das demandas da veciñanza de San Pedro de Visma, o texto defendido pola concelleira Mercedes Queixas insta o Goberno Local a que elabore un plan de mobilidade específico para un barrio que se dispón a experimentar unha grande transformación urbanística, ao se proxectar a construción de máis de 3 mil vivendas. Ese plan de mobilidade ten que preservar os vellos camiños e as comunicacións a pé entre os núcleos tradicionais.

Garantir a seguridade viaria -desviando o tráfico de camións-, mellorar os accesos ao CEIP San Pedro de Visma e a humanización do espazo á beira da praia do Portiño son algunhas das demandas veciñais recollidas nesta moción.

Canto ás mudanzas da RPT, o concelleiro do BNG David Soto comezou por defender que actual relación de postos de traballo está obsoleta e non permite maximizar o potencial do cadro de persoal municipal.

A moción insta o Goberno Local a que calquera mudanza puntual da RPT se consensúe coa representación das e dos traballadores do Concello, a que se negocie unha nova RPT e a que acabe
O pleno de novembro aproba as tres mocións do BNG