Comunicado do BNG ante o fallo da xuíza en relación ao nomeamento de Mónica Martínez como integrante do Goberno Local

Pleno
Ante o fallo da xuíza que considera nulo o nomeamento de Mónica Martínez como integrante do Goberno Local -como concelleira delegada de Deportes-, o grupo municipal do BNG entende que se confirma o que manifestamos no seu momento: que en termos políticos esa designación non constituía precisamente un exercicio de política edificante.
Comunicado do BNG ante o fallo da xuíza en relación ao nomeamento de Mónica Martínez como integrante do Goberno Local

Inés Rey ten que asumir agora a súa responsabilidade por ter adoptado no seu momento unha decisión que volve sumir o Goberno Local na inestabilidade. Estamos ante un novo episodio dunha xa interminábel lista de cesamentos, renuncias e retiradas de competencias. Unha mostra máis de que, ao contrario do que prometeu a alcaldesa ao principio do seu mandato, este non é en absoluto o mandato da estabilidade, senón todo o contrario.

"O BNG sempre tivo a consideración de que unha persoa eleita nunha lista debía demitir se abandonaba esa formación política para se incorporar a outra disciplina partidaria", afirma o noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera. "Por iso no seu momento o BNG demandou que tivesen ese comportamento persoas eleitas nas listas do BNG e que logo se sumaron ás Mareas", engade.

Inés Rey ten que asumir agora a súa responsabilidade por ter adoptado no seu momento unha decisión que volve sumir o Goberno Local na inestabilidade

"Manifestamos a nosa perplexidade política pola situación que se está a dar no Concello da Coruña onde PSOE e Marea Atlántica desenvolven unha política de acordos, excluínte, sen contar co resto dos grupos da Corporación, ao tempo que dirimen as súas diferenzas nos tribunais", remarca.

E conclúe: "A Coruña non merece isto. Merece políticas serias".

Comunicado do BNG ante o fallo da xuíza en relación ao nomeamento de Mónica Martínez como integrante do Goberno Local