UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS PARA O PLENO DO 11 DE XANEIRO
Por un Plan de Normalización Lingüística no primeiro semestre de 2024!
Queixas ponlle un prazo ao cumprimento destas previsións, o primeiro semestre deste novo ano.
“Resulta difícil de comprender como é posíbel que, máis de dous anos e medio despois, o Goberno Local non teña avanzado nada na elaboración do Plan de Normalización Lingüística nin na creación do Consello Local da Lingua”, afirma a concelleira nacionalista.
Na exposición de motivos, lembra que a aprobación da Ordenanza do Galego puxo “punto e final a unha débeda pendente de 40 anos que convertía A Coruña na única cidade galega que aínda non contaba con esta norma específica de uso pada lingua galega”.
De acordo co articulado desa ordenanza, o Plan de Normalización Lingüística contemplaría medidas para garantir “o proceso de avance para o uso normalizado da lingua galega no Concello da Coruña”, ben como o Consello Local da Lingua cumpriría a “función básica de velar e avaliar a aplicación da ordenanza”.