Por que se pechou a Biblioteca Municipal de Durán Loriga?
A Coruña, 14 de outubro de 2015.- O BNG rexistou esta maña varias preguntas relativas aos motivos do peche da Biblioteca Municipal Durán Loriga pola celebración dun acto da campaña institucional A Porta Aberta. Deste xeito, as nacionalistas queren saber do Goberno da Marea Atlántica a xustificación do por que a Biblioteca Municipal Durán Loriga estivo pechada durante a celebración o martes 13 de outubro, desde as 18.00 h, e se está debidamente xustificado que non se puideran prestar os servizos desta instalación municipal.
O BNG rexistrou hoxe varias preguntas para a súa resposta escrita no próximo pleno relativas ao peche da Biblioteca Municipal Durán Loriga pola celebración nas súas instalacións da campaña A Porta Aberta
Así mesmo, inquírelle ao Goberno Municipal sobre se ten pensado actuar do mesmo xeito noutras instalacións municipais para a celebración dalgún outro acto desta ou de calquera outra campaña institucional ou de celebrarse ese mesmo acto nun centro cívico de similares características dotacionais que a Biblioteca Municipal de Durán Loriga, se se tería procedido de igual forma pechándose o acceso aos seus servizos.
Trasládalle ao Goberno Municipal cuestións relativas a se as persoas usuarias dos servizos da biblioteca foron avisadas en tempo e forma ou de se celebrar actos parecidos noutras instalación municipais actuaría do mesmo xeito
Por último, o BNG tamén traslada como pregunta para a súa resposta escrita se as e os usuarios da Biblioteca Municipal Durán Loriga foron debidamente avisados, tanto en tempo como en forma, de que os servizos da biblioteca non ían estar operativos durante as horas e o día en cuestión.