O BNG seguirá defendendo a reposición de 30.000 en Igualdade
A Coruña, 13 de outubro de 2015.- O BNG segue e seguirá mantendo a necesidade de dotar a Concellaría de Igualdade de recursos. Deste xeito, até que non vexa meterializado o compromiso de reposición dos 30.000 para programas de igualdade e loita contra a violencia machista, que foron minorizados na proposta de modificativo de crédito e que se levou a pleno en setembro, entende que non se cumprirá co voto particular presentado polo BNG e aprobado pola Corporación.
O modificativo de crédito que se levará ao pleno extraordinario do próximo martes segue sendo a proposta da Marea primeiro pactada e logo rexeitada polo PSOE
Así, desde o BNG enténdese que o Goberno da Marea cando leva de novo a proposta de modificativo a Pleno é porque ten previsto apostar por reincorporar eses 30.000 . Senón for así, de ningún xeito, poderase apoiar unha proposta que é minorativa en materia de Igualdade.
O Grupo Municipal do BNG segue entendendo como prioritario corrixir a minoración da partida económica destinada a programas de Igualdade
O BNG considera que a partida de 30.000 non é unha contía menor se non que é precisamente a punta do iceberg que agocha a pouca importancia que se lle dan aos investimentos en materia de Igualdade e de loita contra a violencia machista. Para o Bloque, o investimento destinado a este tipo de programas ten que ser considerado como prioritario e, por iso, non pode agardar aos orzamentos nin ate o ano que vén. E garantir este investimento para o BNG foi, é e será compromiso para ese pleno extraordinario.