O patio infantil do CEIP San Pedro de Visma aparece deteriorado con regularidade

O patio infantil do CEIP San Pedro de Visma aparece deteriorado con regularidade

A Coruña, 4 de outubro de 2012.- A concelleira do BNG Ermitas Valencia critica as declaracións do Sr. Mourelo sobre o patio do CEIP San Pedro de Visma, "son unha tomadura de pelo", advirte Valencia, quen afirma que, con frecuencia, a zona de xogos deste colexio aparece deteriorada. A nacionalista empraza o Sr. Mourelo, quen debera saber que o mantemento dos patios infantís son da súa competencia, a deixar de inventarse realidades que non existen.

 

A concelleira nacionalista cualifica de "tomadura de pelo" as declaracións do Sr. Mourelo, quen debera saber que o mantemento dos patios escolares son da súa competencia

 

Valencia insiste en reclamarlle ao Goberno municipal que reforce a limpeza nos centros que habitualmente acollen persoas nas fins de semana, como é o caso do CEIP San Pedro de Visma, a onde, con regularidade, se despraza o botellón. Tamén subliña que é necesario que se reforce a vixilancia para evitar casos como o do neno lesionado por caer enriba de cristais de botellas.

 

A concelleira do BNG esíxelle ao Sr. Mourelo que actúe "con responsabilidade" no canto de actuar con desleixo ao sinalar que os cristais aparecen no patio do CEIP San Pedro de Visma "porque los tiran por la muralla". Así, Valencia insta o concelleiro de Educación a abandonar a desidia e a intensificar a limpeza e o control das zonas de xogo dos colexios. "É inadmisíbel que haxa cristais de botellas nas áreas dos patios onde xogan cativos", conclúe a nacionalista.

O patio infantil do CEIP San Pedro de Visma aparece deteriorado con regularidade