BARRIOS

Interesámonos por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo

Vista xeral do oiro no Ventorrillo que sufriu o desprendemento
Noiro no Ventorrillo que sufriu o desprendemento hai dúas semanas

Presentamos unha iniciativa polo risco de caída dun noiro na rúa Jaime Hervada e que deu lugar a unha intervención da Policía Local hai 2 semanas

Interesámonos por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo

Vimos de presentar unha iniciativa (podes descargala premendo aquí) na que nos interesamos por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo e que deu lugar a unha intervención da Policía Local hai dúas semanas.

Deste xeito, trasladamos, a petición da veciñanza da zona, a súa preocupación ante o derrubamento parcial do noiro que na rúa Jaime Hervada conforma toda a contorna entre a Silva, Penamoa e o propio barrio do Ventorrillo.

Situación actual dos elementos de seguridade colocadon na zona do desprendemento

Nesta iniciativa, indicamos que pasadas xa dúas semanas desde que aconteceu este desprendemento, non se volveu realizar ningunha outra intervención que a realizada pola Policía Local (que asegurou, valou e precintou a zona), xa foran actuacións de mantemento, de aseguramento, ou de consolidación, constatándose que a día de hoxe tanto o valado como o precinto colocados naquel momento están ciscados na zona, o que supón un potencial risco para viandantes e condutores, e tendo en conta, asemade, que é unha zona empregada para o aparcamento de vehículos en todo o seu trazado lonxitudinal.

Coa nosa iniciativa queremos que o Goberno municipal aclare que medidas pensa realizar para o aseguramento e consolidación da parede vertical deste noiro, se existe algún risco de desprendemento, a maiores do xa producido nesta zona, e en toda a contorna deste noiro da rúa Jaime Hervada, e por que nestas dúas semanas que van desde o desprendemento non se fixo ningunha outra actuación que a realizada pola propia Policía Local o día do suceso.

Interesámonos por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo