CENTRO ÁGORA
Que pasa coas reparacións do Ágora?
Exiximos a reparación inmediata dos paneis exteriores danados desde hai un ano do centro Ágora
Lembramos que xa é a segunda iniciativa que presentamos a este respecto e denunciamos que desde antes do verán pasado que estes paneis amosan danos por vandalismo
A finais do ano pasado preguntamos para cando serían reparados estes danos indicándosenos que se estaba tramitando en función de que se a reparación ía a cargo do mantemento do edificio ou a cargo da cobertura do seguro; pois ben, a volta de medio ano a tramitación deben ser moi dificultosa xa que os paneis seguen rotos e seguen sen repararse despois dun ano enteiro. Exiximos que se repare dunha vez e que se deixe de dar voltas a conta dunha actuación ben sinxela
Vimos de presentar unha iniciativa (podes descargala premendo aquí) na que exiximos a reparación inmediata dos paneis exteriores de U-Glas danados nun dos laterais do centro Ágora.
É a segunda vez que poñemos en coñecemento do Goberno municipal a situación destes paneis logo de que en novembro do ano pasado xa advertiramos da situación após de que varios usuarios do centro lle comunicaran que seis meses antes a policía local colocara un valado e uns sinais de advertencia xusto diante destes paneis.
A aquela altura, e logo de presentar a iniciativa, o Goberno municipal respondeunos que os danos foran provocados por un acto vandálico e que [sic] «dende o Servizo de Edificación indicóuselle á dirección do Centro que a reparación parecía incluída nas prestación do contrato de mantemento do edificio (AS-36/2013)», mais na mesma resposta se indica que [sic] «posteriormente, o servizo de interior informou de que poderían incluírse nas reclamacións ao seguro contratado polo Concello para danos, cuestión que se está a tramitar».
Preguntamos, asemade, para cando serían reparados estes danos indicándosenos que se estaba tramitando en función de que se a reparación ía a cargo do mantemento do edificio ou a cargo da cobertura do seguro; pois ben, a volta de medio ano a tramitación deben ser moi dificultosa xa que os paneis seguen rotos e seguen sen repararse despois dun ano enteiro. Exiximos que se repare dunha vez e que se deixe de dar voltas a conta dunha actuación ben sinxela”, conclúe a concelleira nacionalista Avia Veira,
A Coruña, 29 de maio de 2018.