As partículas en suspensión transcenderon os 200ug/m3 nos Castros

As partículas en suspensión transcenderon os 200ug/m3 nos Castros

A Coruña, 26 de setembro de 2013.- A concelleira do BNG María Xosé Bravo alerta de que esta tarde se rexistraron no barrios dos Castros partículas en suspensión P10 que transcenderon os 200 ug/m3, segundo os datos oficias da Autoridade Portuaria http://cma.puertocoruna.com/intranet/instrumentacion/ControlEmisiones/ieCaptadorEmisiones.aspx cando o real decreto 102/2011 estabelece que non poderán superarse os 50 ug/m3 en máis de 35 ocasións por ano.

María Xosé Bravo empraza o alcalde a reaccionar ante os problemas de saúde que se vive no barrio. “O Partido Popular escúdase nas medias, porque mentres que ás 15h ou ás 17h se superan os 200 ug/m3, de madrugada a cifra baixa a 5. Porén, durante a tarde hai persoas enfermas crónicas e rapaces e rapazas con problemas respiratorios que se están a ver gravemente afectadas mentres as autoridades locais non lles fan nin caso”, apunta a concelleira do BNG, que se pregunta que máis ten que pasar para que o Goberno do Sr. Negreira defenda os intereses das persoas que residen nos Castros por riba dos intereses económicos da Autoridade Portuaria.

As partículas en suspensión transcenderon os 200ug/m3 nos Castros