O BNG pide o restabelecemento do servizo de Pediatría de Novo Mesoiro
A Coruña, 26 de setembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG esíxelle ao Goberno do Sr. Negreira que adopte de inmediato as medidas oportunas para que o Sergas restabeleza o servizo de Pediatría no centro de saúde de Novo Mesoiro. As persoas usuarias do servizo de Pediatría estanse a poñer en contacto coa entidade veciñal para se queixaren ao carecer de atención no seu centro de saúde, de onde están a ser derivadas ao hospital materno-infantil.
O Grupo Municipal do BNG acusa o Partido Popular de estar ao servizo das empresas sanitarias privadas mentres segue a recortar en medios humanos e materiais na sanidade pública. As nacionalistas conclúen denunciando a dupla vara de medir do PP que, por unha banda, recorta en sanidade pública e á vez insufla fondos públicos para asociacións integristas da Red Madre.