JORQUERA RECLAMA POLÍTICAS DE REVITALIZACIÓN PARA O BARRIO DO ORZÁN

Novo suceso das sesións vermú do BNG, coas Fab Four nunha ateigada Praza Xosé Sellier

VermúBNG Orzán (1)
Andrea, Mai, Iziar e Helena
Leria volveuno facer. "Son as Fab Four", dixo Jorquera, en alusión directa aos componentes de The Beatles. "Desde que escoitei a Leri teño claro que as Fab Four son Andrea, Mai, Iziar e Helena. Elas son as Catro Fabulosas", dixo e a seguir ouviuse unha cerrada ovación nunha moi ateigada Praza Xosé Sellier, escenario da terceira sesión vermú do BNG no que vai de precampaña, desta volta presentada por David Soto, número 4 da nosa candidatura.
Novo suceso das sesións vermú do BNG, coas Fab Four nunha ateigada Praza Xosé Sellier

Un Goberno Local do BNG porá os barrios no centro e desenvolverá políticas de restauración, rehabilitación e revitalización urbanas, avanzou este domingo o candidato do Bloque á Alcaldía, Francisco Jorquera.

Jorquera tomou a palabra no medio da actuación do grupo indie pop Leria, a banda que amenizou a terceira das sesións vermú do BNG no que levamos de precampaña. Nunha praza Xosé Sellier totalmente ateigada, o candidato do Bloque puxo en destaque que mesmo barrios do centro da cidade, como o do Orzán, están a sofrer preocupantes procesos de degradación dalgunha das súas zonas e iso a pesar de esta área da Coruña facer parte do espazo de protección da Pescaría e da Cidade Vella.

Jorquera Sesión Vermú BNG Orzán
Jorquera, a falar coa xente en plena sesión vermú

“Desde o Goberno Local promoveremos a restauración, rehabilitación e revitalización do barrio do Orzán”, avanzou Jorquera, quen enmarcou esas políticas na procura dunha “Coruña cohesionada, inclusiva e comprometida na loita contra toda forma de desigualdade, discriminación e exclusión social”.

Xulgou “moi importante” lembrar precisamente neste 1 de maio como A Coruña, e de xeito moi agudo a partir da crise xerada pola pandemia, ten acadado o “triste récord de ser a cidade máis desigual de Galiza”. “Sabemos que as principais competencias na loita contra as desigualdades non as ten o Concello, mais precisamente por iso fai falta un Goberno Local que sexa moi esixente coas administracións que si as ostentan, os gobernos galego e central”.

Jorquera Sersión Vermú BNG Orzán 2
Praza ateigadísima

 

“É imprescindíbel tamén”, remarcou, “termos un goberno local que dea prioridade ás políticas de benestar e inclusión, fortalecendo os servizos públicos e as políticas sociais, acabando coa diferenza entre barrios ricos e pobres e apoiando decididamente as entidades do terceiro sector”, concluíu Jorquera.

Novo suceso das sesións vermú do BNG, coas Fab Four nunha ateigada Praza Xosé Sellier