XA SE DESPRENDEN PÓLAS QUE NALGUNHA OCASIÓN ESTIVERON A PIQUES DE CAER SOBRE PERSOAS DA VECIÑANZA

Nova iniciativa sobre o mal estado dun piñeiro na Rúa das Camelias

Pólas caídas dun piñeiro no Barrio das Flores
Pólas caídas dun piñeiro no Barrio das Flores

O BNG xa levou ao Pleno de setembro o delicado estado no que se acha un piñeiro situado á altura do bloque número 24 da Rúa das Camelias, no Barrio das Flores.

 

 

Nova iniciativa sobre o mal estado dun piñeiro na Rúa das Camelias

O BNG xa levou ao Pleno de setembro o delicado estado no que se acha un piñeiro situado á altura do bloque número 24 da Rúa das Camelias, no Barrio das Flores.

Trátase dunha árbore de grande porte, con algunhas pólas practicamente a tocar a fachada e as ventás dos andares superiores do inmóbel, polo que naquel momento xa emprazabamos o Goberno Local a que dese instrucións para, no momento oportuno para ese labor, realizar a necesaria poda.

Piñeiro Rúa das Camelias, no Barrio das Flores.

A situación foi a peor nas últimas semanas, con desprendemos de pólas que nalgunha ocasión estiveron a piques de impactar en persoas da veciñanza, polo que o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, volta a levar a cuestión ao Pleno do vindeiro 9 de novembro e faino en forma de rogo escrito.

Cómpre, pois, que “coa máxima brevidade”, urxe Jorquera, se revise o estado da árbore e se planifique a súa necesaria poda.

 

 

Nova iniciativa sobre o mal estado dun piñeiro na Rúa das Camelias