ORA

Non se cobrará o recargo do 10% na app da ORA

Usuario da aplicación móbil E-Park da ORA diante dun dispositivo expendedor
Usuario da aplicación móbil E-Park da ORA diante dun dispositivo expendedor

A denuncia social e as exixencias da oposición as que obrigaron ao Goberno municipal a mover ficha e evitar o “abuso” do cobro dun 10% en cada recarga da app de pagamento da ORA

É significativo que o Goberno da Marea Atlántica en inicio manifestase publicamente que todo fose debido aos pregos dando por perdida a batalla e sen estudar a fondo a proposta técnica da concesionaria da ORA

Non se cobrará o recargo do 10% na app da ORA

Á espera de que haxa maiores explicacións por parte do Goberno municipal na Comisión de Mobilidade que hoxe, venres 23, terá lugar a instancias do BNG, e diante do anuncio de que o Concello logrou que a concesionaria da ORA asumise o custo das comisións que pretendía aplicar no servizo de pagamento por móbil (tal e como se recolle nunha nova da web municipal), salientamos que foi a denuncia social e as exixencias da oposición as que obrigaron ao Goberno municipal a mover ficha e evitar o “abuso” do cobro dun 10% en cada recarga da app de pagamento da ORA.

Por outra banda, é significativo que o Goberno da Marea Atlántica en inicio manifestase publicamente que todo fose debido aos pregos dando por perdida a batalla e sen estudar a fondo a proposta técnica da concesionaria da ORA.

A Coruña, 22 de febreiro de 2018.

 

Noticias relacionadas:

 

Non se cobrará o recargo do 10% na app da ORA