Negreira ten que esixirlle a Feijóo que faga público o susposto contrato con Pemex

Negreira ten que esixirlle a Feijóo que faga público o susposto contrato con Pemex

A Coruña, 28 de setembro de 2012.- O concelleiro do BNG Xan Caxigal empraza o alcalde da Coruña a esixirlle a Feijóo que compareza de forma urxente na Deputación Permanente do Parlamento para aclarar os supostos contratos con Pemex, que publique na web o Xunta de Galiza ese presunto contrato e que lle remita aos e ás parlamentares toda a documentación ao respecto. "O Sr. Negreira ten doado desmentir eses rumores dos que falou en rolda de prensa: esixirlle a Feijóo que faga públicos os contratos. Se Negreira e Feijóo non dan estes pasos, estarían recoñecendo que algo teñen que agochar e que lle mentiron á cidadanía coruñesa", expresou.

"Aquí hai unha realidade constatada: o propio director xeral de Pemex negou onte que asinase ningún contrato coa Xunta de Galiza para a construción de buques", salientou. "É certo que se asinou un contrato cunha filiar, pero non para contratar barcos, senón para sondexar a dispoñibilidade de Galiza, por se Pemex de decidise, finalmente, polos nosos estaleiros. E iso non é nada. Só se asinou un protocolo de intencións, que nin sequera é un precontrato", engadiu.

A herdanza de Feijóo neste sector son 10.000 postos de traballo destruídos

"Parécenos lamentábel que o PP xogue cos postos de traballo do naval, máxime cando a herdanza de Feijóo neste sector son 10.000 postos de traballo destruídos. Demóstrase, así, que Feijóo é o peor presidente da historia de Galiza", expuxo Caxigal.

O concelleiro nacionalista explicou que "desde o Grupo Municipal do BNG xa advertiramos que os acordos con Pemex e con Beijing 3E dos que o Sr. Negreira presumía estaban no aire". "E estamos a constatar que non existe ningún acordo", apunta.

Caxigal alude á petición do BNG, de hai meses, para que a Xunta de Galiza rexistrara por escrito os acordos con Pemex dos que presumía Negreira. "Négaronse entón porque non había acordo ningún, tal e como declarou o director xeral de Pemex", sinala. Caxigal conclúe que "a cidadanía está farta dos golpes de efecto máis propagandísticos que reais do PP".

 

 

Negreira ten que esixirlle a Feijóo que faga público o susposto contrato con Pemex