UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

O Mural da Canteira de Leopoldo Nóvoa non pode continuar oculto

Foto Mural da Canteira. Leopoldo Nóvoa. 
O tapiz, invadido pola vexetación
A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no vindeiro Pleno do 9 de setembro, con vistas a que o Goberno Local adopte as medidas precisas para garantir a correcta visualización do Mural da Canteira, a intervención artística do escultor Leopoldo Nóvoa na parede do Monte de Santa Margarita inaugurada en 1989.
O Mural da Canteira de Leopoldo Nóvoa non pode continuar oculto

Esta obra, sen dúbida unha das máis relevantes intervencións artísticas no espazo público galego, non pode ser contemplada adecuadamente por falta de mantemento. “A rede que se instalou recentemente na fervenza [situada a carón do Pazo da Ópera]”, explica Avia Veira, “tapa a placa explicativa da obra de maneira que non se pode ler o que está escrito nela”. Á marxe diso, a vexetación “está a invadir” o tapiz até o punto de que “non se pode visualizar axeitadamente”.

foto_mural_leopoldo_novoa_1

Na exposición de motivos desta iniciativa, Veira pon en destaque que “nada nesta obra é casual”. O autor ideouna coa intención de que as rugosidades  e as texturas do tapiz fosen producindo unha impresión distinta, con xogos de cores, segundo se fose modulando a luz do sol ao longo do día. Os materiais, que son de refugallo, dótano tamén dunha “tridimensionalidade espectacular”. “Todas as escollas forman parte da intencionalidade do autor”, sinala a concelleira nacionalista.

 

foto_mural_leopoldo_novoa_3

A obra ten sido obxecto de rehabilitación até en dúas ocasións, mais o que esixe é un mantemento permanente –que impida que o crecemento da maleza a oculte- que neste momento non se está a producir, o que leva a concelleira a presentar esta iniciativa.

 

O Mural da Canteira de Leopoldo Nóvoa non pode continuar oculto