NOVA REUNIÓN INSTITUCIONAL SOBRE O FUTURO DA FACHADA MARÍTIMA

Menos pelexas absurdas por afán de protagonismo e máis fronte común para demandar a condonación da débeda do porto

Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria á esquerda
Concluída unha nova reunión sobre o futuro da fachada marítima da cidade entre a Autoridade Portuaria, o Goberno Local e a Xunta de Galiza, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, fai a seguinte valoración:
Menos pelexas absurdas por afán de protagonismo e máis fronte común para demandar a condonación da débeda do porto

1.-A Autoridade Portuaria, o Goberno Local e a Xunta deben pór fin a “pelexas absurdas” motivas unica e exclusivamente por “afán de protagonismo”.

2.-A clave do asunto non está en discutir quen debe asumir en maior medida o custo da urbanización dos peiraos, senón en que a Autoridade Portuaria, o Goberno Local e a Xunta compoñan unha fronte común en demanda da condonación da débeda do porto ou da articulación dunha solución análoga (que como o BNG ten defendido desde hai meses pasa por que o Estado invista na transformación dos peiraos a mesma cantidade que a Autoridade Portuaria debe a Portos do Estado pola construción dunha infraestrutura, o porto exterior, de titularidade estatal).

A condonación da débeda, ou a articulación dunha solución análoga, é chave para garantir o futuro do porto. É, ademais, unha cuestión de xustiza elemental. O BNG non vai tolerar que se conceda a Valéncia o que se lle nega á Coruña.

3.-O BNG reitera a súa firme oposición a que fondos do Concello da Coruña se comprometan na adquisición de terreos que na súa orixe foron gañados ao mar, que, por tatno, son da cidade e que, unha vez desafectados dos seus usos portuarios, teñen que retornar de forma gratuíta ao ámbito público.

 

Menos pelexas absurdas por afán de protagonismo e máis fronte común para demandar a condonación da débeda do porto